A Asociación Veciñal de Teis, organiza un acto cultural para conmemorar o día de Rosalía de Castro e reivindicar a biblioteca para Teis, este vindeiro domingo 22 de febreiro ás 12:00 horas, diante do edificio do antigo centro de saúde ( rúa Enrique Lorenzo).
Neste acto farase a lectura pública de textos de Rosalía de Castro e a actuación do grupo de gaitas da Asociación. Este acto cultural queremos homenaxear a figura da nosa escritora Rosalía de Castro e a defensa da nosa cultura e lingua galega.
Teis, necesita unha biblioteca.
Este acto cultural celebrábase diante do edificio do antigo centro de saúde, ten como obxectivo lembrar a necesidade dunha biblioteca para Teis e que se anunciou hai case 12 anos.
Defendemos que a biblioteca de Teis, sexa unha dotación cultural do século XXI, que conte con libros, e non se limite a unha simple sala de lectura, como se pretende desde o goberno municipal.
Nestes anos Abel Caballero, Alcalde de Vigo, anunciou en máis 20 ocasións a construción da biblioteca para Teis, e a día de hoxe aínda non se derrubou o edificio actual, paso previo para a construción da biblioteca.
Abel Caballero, Alcalde de Vigo, quer facer realmente unha sala de lectura en Teis, así o recolle o propio prego de condicións da edificación aprobado en xunta de goberno 21/03/2025: “ Las obras a ejecutar consisten en la realización de la reforma de un edificio declarado en ruína técnica por lo que se demolerá en primer lugar, para construír otro mas actual para uso de sala de lectura.”
Tamén, desaproveitase a superficie que ocupa o antigo edificio do centro de saúde, que na actualidade ten 3 andares e un semisoto e agora pretende facerse un edificio de tan só 2 andares, limitando o espazo desta dotación cultural.
Abel Caballero, estivo mentido a veciñanza de Teis, de xeito reiterado ao longo destes anos, anunciando unha biblioteca, que non vai existir, se non se modifica o proxecto. Unha biblioteca pode ter unha sala de lectura, pero unha sala de lectura, nunca vai ser unha biblioteca.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, esiximos do goberno municipal a construción dunha biblioteca e rexeitamos unha sala de lectura
