A Asociación Veciñal de Teis, celebra a tradicional fogueira de San Xoán, no entorno do paseo marítimo da ETEA.
Celebramos por segundo ano a fogueira nos terreos da ETEA, ao ser un lugar apropiado para realizar eventos, ao contar con máis espazo e un entorno privilexiado, a beira da ría de Vigo.
Como é tradición contaremos cunha sardiñada con pan de millo, pan con chourizo, tortillas e bebidas, para poder desfrutar desta noite máxica. Na sardiñada imos asar 160 quilos.
Ademais, haberá música coas actuacións, coa escola de gaitas da A.V. de Teis, grupo de rock & roll Mostrencos e o final de festa coa DJ Misa.
Desde a Asociación queremos agradecer a colaboración para esta actividade do Quiosco da ETEA.

