A.V. DE TEIS, APOIA A CONCENTRACIÓN DOS TRABALLADORES/AS DOS SERVIZOS SOCIAIS EN TEIS DESTE XOVES 18 DE DECEMBRO
A xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, participará na concentración convocada en Teis para este vindeiro xoves (quinta feira) 18 de decembro ás 13:00 horas, diante da UBAS de Teis na rúa Doutor Corbal, 21 baixo.
Desde a asociación parécenos escandaloso que no actual contesto de grave crise económica e social que afecta a moitas familias traballadoras de Teis e de Vigo, os servizos sociais municipais esten sen medios suficientes, pola falta de interese e preocupación do goberno municipal de Abel Caballero, a pesar das continuas denuncias dos colectivos sociais da cidade desde fai anos.
As preocupacións do goberno municipal Abel Caballero, son encher a cidade de alumeado nestas festas, por nunha rotonda un barco ou privatizar a xestión do centro cívico de Teis, etc. Cando máis de 5.000 persoas viven por baixo do limite da pobreza na nosa cidade.
A situación dos servizos sociais municipais de Vigo, amosa a gran mentira da política social do goberno municipal de Abel Caballero, que non atende as graves necesidades sociais da veciñanza de Vigo. Abel Caballero, a pobreza non se agocha se combate con políticas sociais.
Vigo, 17 de decembro de 2014
Asdo. Anxo Iglesias Covelo
Secretario da AA. Veciñal de Teis