A A.V. DE TEIS, RECOLLE NA MAÑA DE HOXE,
500 SINATURAS DA VECIÑANZA.
A Asociación Veciñal de Teis, dentro da campaña de recollida de sinaturas, para denunciar o abandono dos terreos da ETEA. Na mesa de recollida de instalada na maña de hoxe fronte ao mercado recolléronse 500 sinaturas.
Na recollida desta mañá atopamos o apoio da veciñanza e había moitas opinións de veciños/as que sinalaban que era unha vergoña, como se atopan estes terreos e os espazos públicos, que houbera moitas promesas e anuncios, pero poucos feitos.
O pasado sábado 4 de xuño na asemblea celebrada na ETEA, acordamos iniciar unha campaña de recollida de sinaturas na parroquia, para denunciar o abandono da ETEA e demandar das administracións, Concello de Vigo e Xunta de Galiza, unha maior implicación na ETEA, especialmente no mantemento dos espazos públicos (parque e paseo marítimo).
Nesta recollida de sinaturas esiximos catro reivindicacións
- Limpeza e mantemento do parque e do paseo marítimo.
- Colocación de papeleiras no paseo
- Instalación duns aseos públicos
- Apertura de todas as instalacións deportivas
A campaña vai continuar coa recollida de sinaturas a través da instalación de mesas de recollida, no local social ou en comercios da parroquia.
Vigo, 11 de xuño de 2016
Anxo Iglesias Covelo
Secretario da A.V. de Teis