PRESENTACIÓN EN TEIS DO LIBRO, “ OS TEMPOS QUE NOS AGARDAN”, VENRES 28 DE NOVEMBRO ÁS 19:00 H.

A Asociación Veciñal de Teis, organiza a presentación do libro “ Os tempos que nos agardan “, este venres 28 de novembro ás 19:00 horas.

Na presentación do libro intervirán, Xelasio Suárez, director da editorial Ir Indo, Evaristo Pereira, deseñador gráfico e a Elena Comesaña, escritora.  

Elena Comesaña (Vigo, 1962) afonda na memoria histórica en ” Os tempos que nos agardan (Ir Indo), unha novela inspirada nun crime real da Guerra Civil en Vigo, o de Ánxela Rebollar e Xosé Niebla,  veciños de Teis, asasinados polo franquismo no ano 1937 acusados de axudar ás persoas perseguidas polos golpistas.

A autora rescata do silencio as voces esquecidas e reivindica o deber de recordar para que o pasado non se repita.

Scroll ao inicio