A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que leva máis dun ano pechado o paseo que rodea a capela da Guía. Esta decisión tomouna o Concello de Vigo, seica polo mal estado de conservación do mesmo, pero despois dun ano de tomar esta decisión, non houbo ningunha actuación .
Este paseo inaugurouse no ano 1969 e nestes anos careceu dun mínimo mantemento por parte dos diferentes gobernos municipais.
Na actualidade a veciñanza ou os visitantes, cando chegan ao alto da parque da Guía, atópanse con todo valado, coa beirarrúa cortada e teñen que usar a estrada para pasar.
Desde a Asociación, esiximos ao goberno municipal a elaboración dun proxecto urxente e prazos, para acondicionar este paseo.
Estamos a falar dun dos parques máis importantes da cidade e un referente turístico, non é aceptábel que se atope neste estado, valado desde hai máis dun ano e se ningún dato que indique que isto vaise acondicionar en breve.
A ILUMINACIÓN DO PARQUE, ASEOS, AUTOBÚS TURISTICO.
En decembro de 2021, o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciaba o proxecto de mellora da iluminación do parque da Guía, cun investimento de 395.000 euros. Despois de 18 meses, esta actuación tampouco aínda non se realizou.
Tamén é curioso que este parque carece dun simple aseo. Calquera visitante, con tería un simple aseo público en todo o parque.
Un ano máis, o parque da Guía, tamén queda esta excluído do itinerario do bus turístico. Desde a Asociación, dirixímonos en repetidas ocasións ao Concello, demandando que se inclúa o parque da Guía, pero non tivemos ningunha resposta.
POR EN VALOR O PARQUE DA GUÍA
Esta Asociación, xa non é a primeira vez que nós últimos anos denunciamos a deixades do goberno municipal en relación ao parque da Guía, arbores invasoras (eucaliptos, acacias) que impiden desfrutar dunha parte importante das vistas sobre a ría de Vigo, non hai unha cafetería, non se potencia, nin se amplía a carballeira, non hai un parque infantil, etc.
Desde a Asociación, consideramos que o estado do paseo, a non realización da mellora da iluminación, non incluír o autobús turístico, etc. deixa claro a falta de interese e deixades do goberno municipal, de potenciar e por en valor este gran parque.