NOTA DE IMPRENSA
As instalacións deportivas da ETEA seguen pechadas após de 10 anos.
O CENTRO SOCIO-COMUNITARIO DE RÍOS, ESTA PECHADO DESDE A SÚA INAGURACIÓN EN MARZO DE 2011.
A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar publicamente que o centro socio- comunitario de Ríos, Teis, inaugurado en marzo de 2011, polo Alcalde da cidade, Abel Caballero, está pechado e carece de calquera actividade desde a súa inauguración.
O edificio que ocupa o actual centro socio-comunitario de Ríos, anteriormente fora parte da conserveira “ Garavilla ” logo pasaría a propiedade do Concello de Vigo e foi rehabilitado a través do “ Plan Teis“, aprobado polo Ministerio de Economía e Facenda, para a cofinanciación de proxectos individuais de conservación do Patrimonio Cultural Europeo, polos fondos do instrumento financieiro do EEEA.
A Asociación Veciñal de Teis, diante desta situación solicitou por escrito en outubro de 2011 e decembro de 2012, apertura deste centro socio-comunitario e que puidera ser usado e xestionado por asociacións de Teis, que carezan de local para realizar as súas actividades.
A falta de mantemento deste centro xa comeza a ser visíbel coa aparición de vexetación que xa ocupa parte do edificio.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, parécenos incríbel que logo de case dous anos da súa inauguración o centro socio-comunitario de Ríos, siga pechado e sen ningunha actividade.
As instalacións deportivas da ETEA seguen pechadas após de 10 anos.
A veciñanza de Teis, segue agardando pola apertura das instalacións deportivas da ETEA, tantas veces anunciada pola Alcalde de Vigo, incluso cando era candidato a Alcaldía de Vigo.
As instalacións deportivas da ETEA, levan pechadas após de dez anos, logo da saída dos militares en outubro de 2002. O goberno municipal no ano 2011, seica reparou estas instalacións, pero que nunca se abriron até o de agora.
O Alcalde de Vigo, o pasado mes de xaneiro, anunciaba unha piscina e 7 pistas de padel para o barrio de Navia, que seica estarán antes de finalizar o mandato, pero as instalacións deportivas da ETEA seguen pechadas.
Vigo 6 de febreiro de 2013.
Asdo. Anxo Iglesias Covelo.
Secretario da A.V. de Teis.