O C. CIVICO NON ESTA PARA TODOS OS VECIÑOS DE TEIS

A A.V. DE TEIS, DENUNCIA QUE SE    IMPIDE USAR A PISTA DEPORTIVA DO CENTRO CÍVICO, PARA CELEBRAR O MAGOSTO.

       Estas decisións do goberno municipal teñen como obxectivo non só quitarnos a xestión do Centro Cívico, si non impedir o uso de calquera dependencia do mesmo.  

A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar que o Concello de Vigo, non permite a asociación o uso da pista deportiva coa que conta o centro cívico para a celebración do magosto da asociación para o sábado 15 de novembro pola tarde, xustificando que está ocupada.

O pasado 9 de outubro solicitamos por escrito o uso da pista deportiva do centro cívico, para a celebración o sábado 15 de novembro do magosto da asociación. O pasado venres 17 de outubro recibimos un escrito onde se nós comunica que nesa data esta ocupado por outra actividade, logo de que esa mesma mañá preguntaramos a Concellaría de Participación Cidada, sobre a nosa solicitude.

Logo desta resposta solicitamos por escrito o 20 de outubro coñecer en que data foi solicitado uso da pista deportiva, cal é a entidade que realizara a actividade e en que horario a pista estará ocupada o sábado 15 de novembro. Xa pasaron tres semanas e non recibimos ningunha resposta e tampouco se facilita unha data alternativa.

Cando realizamos a solicitude do uso desta pista deportiva, a través da empresa privada que na actualidade xestiona o centro cívico, non se nós indica que a pista estivera ocupada.

Desde  a Asociación Veciñal de Teis, sabemos que a decisión de non permitir o uso da pista deportiva e anteriormente o auditorio para a celebración da IX Festa Veciñal ou uso dunha sala para o obradoiro para as persoas maiores.  Teñen como obxectivo non só quitarnos a xestión do Centro Cívico, si non impedir o uso de calquera dependencia do mesmo.

Por último, sinalar que está actitude do goberno municipal non vai impedir que a asociación poida celebrar o magosto o sábado 15 de novembro.

Vigo, 6 de novembro de 2014

Asdo. Anxo Iglesias Covelo

 Secretario da A.V. de Teis

Scroll ao inicio