O alcalde e as mentiras sobre o Centro Cívico

O ALCALDE E AS MENTIRAS

        SOBRE O CENTRO CÍVICO

   O alcalde, Abel Caballero, nas últimas semanas fixo declaracións aos medios de comunicación, en relación ao conflito pola  xestión do centro cívico de Teis, descalificando e mentindo sobre a Asociación Veciñal de Teis.

  1. 1.      O Centro Cívico de Teis e a Asociación Veciñal de Teis (AVT) non teñen nada que ver. MENTIRA

 

A Asociación Veciñal de Teis, ten presenza no Centro Cívico de Teis, desde a apertura destas instalacións no ano 2002, contando cunha oficina neste edificio municipal e participando na xestión do mesmo.  O único  persoal da asociación (dous traballadores) están contratados para realizar a súa labor no centro cívico, onde teñen o seu posto de traballo.

  1. 2.      Existe convenio para o Centro Cívico de Teis pola “insistencia do BNG”. MENTIRA

 

O convenio anual entre a Asociación e o Concello de Vigo para a xestión do Centro Cívico de Teis,  pasou polos diferentes gobernos municipais de Lois Pérez Castrillo,  Corina Porro, Ventura Pérez Mariño e o propio Abel Caballero. O cal no ano 2008, aumentou a cuantia do convenio nun 35% pasando aos 55.000 euros anuais.

3.  O convenio para o Centro Cívico de Teis é un “privilexio”. MENTIRA

O convenio foi un logro do barrio é unha conquista a xestión do centro cívico pola asociación. O diñeiro que recibe a Asociación, invertese na súa totalidade na xestión e no  desenvolvemento das actividades do Centro Cívico, para  recibir o importe do convenio, hai que xustificar cada céntimo ao Concello de Vigo previamente. Os gastos do convenio son públicos como as contas da asociación. O Alcalde, quere reducir o investimento socio cultural no barrio e substituír  a actividade e a xestión da asociación no centro, para favorecer a unha empresa que xestionará os catro centros cívicos de Vigo.

4. O convenio para o Centro Cívico de Teis responde a “intereses particulares” da Asociación Veciñal de Teis. MENTIRA

 

É coñecido por todo o barrio que o labor que desempeña a Asociación Veciñal de Teis, foi ao longo destes case 39 anos de existencia, dedicado en exclusiva aos intereses de Teis. Ningún membro da directiva da Asociación Veciñal de Teis tirou lucro particular da Asociación. Caballero pode que non chegue a entender como se pode permanecer a unha asociación sen cobrar, por dedicación a  veciñanza. O único centro cívico coa xestión e participación da veciñanza, Abel Caballero, quere elimínalo sen xustificación.

CONCENTRACIÓN

MARTES 29 ÁS 19:00 HORAS

DIANTE DO CENTRO CÍVICO

 

Scroll ao inicio