A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar que onte produciuse un novo vertido na EDAR de Teis, como se pode comprobar no vídeo gravado por un veciño desde a súa embarcación.
Este tipo de vertidos son frecuentes desde hai anos e denunciáronse por parte da veciñanza reiteradamente.
O anterior vertido do que teñamos constancia produciuse o pasado 10 de outubro. Daquela, dirixímonos por escrito a Concellaría de Fomento e Servizos do Concello, solicitando que se tomaran as medidas necesarias para que non se produzan máis vertidos a ría de augas sen depurar e que se garanta un bo funcionamento desta planta depuradora.
Como é habitual desde o Concello, non tivemos ningunha resposta e os vertidos seguen producíndose.
Non é normal que se produzan vertidos a ría de xeito continuado desde unha depuradora, co dano que isto provoca ao medio ambiente. Polo que esiximos do Concello e da empresa concesionaria Aqualia, que se tomen medidas para evitar novos vertidos.