NOTA DE IMPRENSA
A.V. DE TEIS DENUNCIA O MAL ESTADO DA RÚA BOAN E DAS TUBAXES EN TEIS.
O afundimento dun tramo da rúa Boan a altura do nº 28 , na tarde de onte, a escasos metros do grande afundimento do mes de novembro de 2012 e a existencia de fochancas que se poden observan no firme desta rúa, confirman o mal estado da mesma. Está rúa carece de beirarrúas ou dunha simple recollida de augas pluviais.
Así mesmo, este afundimento e os producidos nos últimos tempos, están relacionados co deterioro das tubaxes da rede de abastecemento, que provocan continuas roturas ou filtracións no solo que favorecen os afundimentos, como o da rúa Boan.
Desde o mes de novembro de 2012, estamos reivindicando un plan de mellora da rede de abastecemento no barrio, que supoña a substitución das tubaxes daquelas rúas continuas roturas, como pro exemplo Boan, avda de Galiza, Gerardo Campos Ramos, Balbarda, subida a Ponte, Purificación Saavedra, etc.
Debemos lembrar que hai un acordo plenario do mes de xaneiro de 2013, onde se asumía as reivindicacións veciñais, pero que o goberno municipal aínda foi quen de executar a día de hoxe.
O goberno municipal que preside Abel Caballero, as únicas medidas que tomou nestes meses en relación a esta situación e negarse a reunirse coa Asociación Veciñal de Teis e a retirar xa en dúas ocasións as pancartas colocadas por esta asociación, a última a comezos deste mes de abril.
Vigo 20 de abril de 2013.
Asdo. Anxo Iglesias Covelo.
Secretario da A.V.de Teis