Xa están en marcha as actividades de nadal para os cativos/as do barrio de Teis. Este ano 2013 a Asociación Veciñal de Teis recibe o Nadal con obradoiros e actuacións que terán lugar no Centro Cívico de Teis nas datas que sinalamos a continuación:
- 14 decembro de 2013: ” Rodarí, Rodarí” Espectáculo de títeres con animación infantil. Ás 12:00 horas.
- 20 decembro de 2013: ” Buscando unha estrela” Obradoiro de creación de contos con animación musical. 19:00 horas.
- 26 e 27 decembro de 2013: Obradoiro de creación de postais de 10:00 a 13:00 horas.
- 27 decembro: Certame de Postaios de Nadal. Ás 18:00 horas terá lugar a entrega de premios do Certame.
- 27 decembro: Visita do Carteiro Real. Ás 19:00 horas recibiremos no Centro Cívico a visita do Carteiro Real.
- 2 , 3 xaneiro 2014: Ludonadal. Recibimos o ano 2014 con xogos e actividades dentro da Ludoteca da Asocación Veciñal. Os obradoiros terán lugar no Centro Cívico de 10:00 a 13:00h.
TODAS AS ACTIVIDADES SON DE BALDE PERO CON INSCRICIÓN PREVIA NO TELÉFONO 986 26 60 45.
AS ACTIVIDADES SON SUBVENCIONADAS POLAS SEGUINTES ENTIDADES:
CONCELLO DE VIGO, CONCELLERÍA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, CONCELLERÍA DE NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA, FAVEC (FEDERACIÓN EDUARDO CHAO) E DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
CERTAME DE POSTAIS DE NADAL
Este ano a Asociación Veciñal de Teis organiza o Segundo Certame de Postais de Nadal no que poden participar nenos/as até 12 anos de idade. As postais que tratarán a temática de Nadal poden ser realizadas en calquera tamaño, material, técnica ou soporte xa que nelas valoraráse a creatividade e a orixinalidade.
As postais terán que ser entregadas até ás 13:00 horas do 27 de decembro na oficina da Asociación Veciñal dentro do Centro Cívico de Teis.
A Asociación Veciñal de Teis seleccionará o día 27 de decembro a tres gañadores/as en función de tres categorías de idade nas que poden inscribirse @s participantes.
Categoría 1: de 3 a 5 anos de idade.
Categoría 2 : de 6 a 8 anos de idade.
Categoría 3: de 9 a 12 anos de idade.
Cada un dos gañadores das diferentes categorías recibirá un premio en recoñecemento ao seu traballo. Ao remate do certame os participantes poden recoller os seus traballos.