Os/as socios/as da Asociación Veciñal de Teis, estades convocados a unha asemblea xeral extraordinaria, este venres 29 de abril á partir das 19:30 horas no local social, para elección da nova xunta directiva para o período de tres anos 2022-2025.
Hoxe ás 19:30 horas da tarde remata o prazo para a presentación de candidaturas para a elección da nova xunta directiva, como recolle o regulamento da asemblea xeral extraordinaria.
Calquera persoa asociada poderá promover ou integrar unha candidatura a xunta directiva, que para ser válida deberá cumprir uns requisitos mínimos: estar integrada por un mínimo de 5 persoas, todas as persoas candidatas deberán ser socios/as e estar ao corrente do pagamento das cotas, a persoa que encabece a candidatura será o candidato /a presidencia da asociación.
Nesta asemblea tamén procederase previamente a elección da nova xunta directiva, a aprobación das contas anuais de 2021 e a presentación e aprobación do orzamento económico do exercicio de 2022.