DENUNCIANDO O ABANDONO DA ETEA

A A.V. DE TEIS, CONVOCA UNHA  ASEMBLEA  PARA TRATAR SOBRE O ABANDONO DA ETEA,  SÁBADO 4 DE XUÑO ÁS 18:00 HORAS.

 A Asociación Veciñal de Teis, convoca a veciñanza a unha asemblea e un acto para  denunciar o abandono da ETEA sobre todo dos espazos públicos, este vindeiro sábado 4 de xuño ás 18:00 horas no parque público da ETEA.

 O parque público construído pola Xunta de Galiza en 2013, presenta unha falta de mantemento das zonas verdes, do parque infantil. A presenza do lixo é moi visíbel neste parque, pois non se recolle.  A falta de entendemento entre a Xunta e o Concello, provoca  que ninguén asuma este parque publico que se deteriora día a día.

A situación non é mellor no paseo marítimo da ETEA, obra realizado polo Concello de Vigo en 2011,  que tamén carece de mantemento, a vexetación esta presente no paseo e no seu entorno e só procedese a cortar a vexetación como moito unha vez ao ano. Chama moito a atención que ao longo do paseo marítimo non haxa nin unha soa papeleira.

  A veciñanza tamén queixase da falta duns aseos públicos ou dunha cafetaría, que son tan necesarios sobre todo no período de verán onde acuda moita veciñanza de Teis e de Vigo, a gozar do litoral da ETEA

Tamén seguimos agardando polo apertura na súa totalidade das instalacións deportivas da ETEA, apertura da piscina, acondicionar as pistas de squads no baixo do pavillón ou dotación de material do ximnasio.

Mentres Abel Caballero, propón destinar a residencia de oficiais para vivendas sociais,  non é capaz de asumir as súas responsabilidades e competencias nos terreos da ETEA.

Nos últimos anos esta asociación tense dirixido por escrito ao Delegado Territorial da Xunta en Vigo, a Consellaría  de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, as concellarías de limpeza e parques e xardíns ou o propio Alcalde, para trasladarlle estas demandas sen recibir ningunha solución até o de agora.

Vigo, 2 de xuño de 2016

Anxo Iglesias Covelo

Secretario da A.V de Teis

 

  

 

 

Scroll ao inicio