CONCENTRACIÓN VECIÑAL NA VÍA VERDE, PARA ESIXIR A AMPLIACIÓN DA RÚA ROBLEDA.

O pasado martes 16, convocada pola Asociación Veciñal de Teis, celebrouse unha concentración nos terreos da futura  “ Vía Verde “, a altura do parque das Coutadas, na que participou a veciñanza que reside nas vivendas do grupo San Pablo,  para a esixir a ampliación da rúa Robleda, no aceso a estas vivendas.

O único aceso as vivendas ao grupo San Pablo, realizase a través da rúa Robleda, pero esta rúa a altura destas vivendas é moi estreito e só permite o aceso de turismos con normalidade, pero non de vehículos de emerxencia como camións de bombeiros e con moitas dificultades ambulancias, coches de determinados tamaños ou furgonetas dun certo tamaño.

O pasado 1 de xullo, houbo un escape de gas nunhas vivendas do grupo San Pablo, pero o vehículos de bombeiros non puido acceder a vivenda afectada, polas estreites da vía.

A rúa Robleda, neste tramo linda coa antiga vía do ferrocarril, onde na actualidade están coas obras do proxecto da “ Vía Verde “.

O pasado o 21/07//2021, presentamos un escrito solicitando a ampliación da rúa Robleda, ao lindar está rúa cos terreos da “ Vía Verde” agora sería a oportunidade de ampliar está rúa estreita, neste tramo. No mes de agosto, tamén  solicitamos ter unha xuntanza co técnico da concellaría de Fomento, responsábel da obra. Levamos catro meses agardando unha resposta por parte da Concellaría de Fomento.

Ademais, de ampliar o aceso é necesario facer un novo muro entre os terreos da “ Vía Verde” e a rúa Robleda, pois o actual está moi deteriorado, filtra auga, hai perigo de derrube nalgúns puntos é hai que limitarse a unha simple reparación.

Concentración veciñal nos terreos da futura Vía Verde

Scroll ao inicio