O martes 22 de abril as 19:00 horas terá lugar a segunda concentración de apoio á Asociación Veciñal diante do Centro Cívico de Teis. Con esta concentración a Asociación Veciñal quere reivindicar a importante labor veciñal na xestión do Centro Cívico de Teis. Dita xestión ven facéndose de xeito ininterrumpido dende o ano 2002 e agora corre o perigo de ser privatizada, eliminando deste xeito a participación veciñal.