A Asociación Veciñal de Teis, organiza para conmemorar o 8 de marzo, día internacional da muller traballadora, unha charla sobre o libro “ Mulleres tecendo xuntas” este venres 1 de marzo ás 19:00 horas, no local da Asociación.
O libro editado pola Consello da Cultura Galega, recolle en 40 biografías de mulleres, a través dun itinerario histórico, desde o medievo até a actualidade , escrito en feminino. A charla será a cargo de Carme Adan Villamarín, coordinadora do libro e doutora en filosofía.
![](https://avteis.org/wp-content/uploads/2024/02/Cartel-charla-libro-mulleres-tecendo-xuntas-febreiro-2024-724x1024.jpg)