CHARLA: CANDO TEIS FOI CONCELLO. MARTES 17 DE XUÑO ÁS 19:30 H, NO LOCAL DA ASOCIACIÓN.

A Asociación Veciñal de Teis, organiza unha charla este martes 17 de xuño ás 19:30 horas, no local da Asociación, baixo o titulo : Cando Teis foi Concello, a cargo Isidro Roman Lago, historiador.

Isidro Roman Lago, ten publicados varios libros ( “ Labrando Rebelión “ , “ Os campesiños de Lavadores “, ou  “ A  penetración do sindicalismo no rural galego de anteguerra “) sobre o movemento agrarista no século XX antes da guerra civil  en Vigo. Ademais,  colaborou coa Asociación Veciñal de Teis, no libro  “O Sindicato de agricultores de Teis “, publicado no ano 2000, co artigo “ O Sindicato de Agricultores de Teis, unha experiencia transformadora “.

Na charla de maña, Isidro Roman, abordara o período breve  de Teis como Concello, creouse en 1935 ao independizarse do concello de Lavadores, proceso iniciouse en maio coa solicitude de escisión polo abandono no que se encontraba, pois sendo a parroquia que máis achegaba economicamente, as inversións que o concello de Lavadores realizaba eran escasas. O alcalde de Lavadores, veciño de Teis, deu o visto e prace para a separación, e a Deputación de Pontevedra concedeu a independencia en outubro.

O 7 de xaneiro de 1936 constituíuse a primeira corporación, foi elixido alcalde Manuel Martinez Ramos e José Martinez Covelo. primeiro tenente de alcalde. Esta corporación puxo en marcha a construción do mercado, a dotación de saneamento e a creación de grupos escolares. Manuel Martínez dimitiu en febreiro de 1936 e o 28 dese mes tomou posesión a Comisión xestora nomeada polo gobernador civil, que elixiu alcalde a Julio Quiros Estevez. Logo do  golpe militar de xullo de 1936, a principios de setembro, o gobernador civil nomeou unha comisión xestora.  En febreiro de 1937 o Goberno anulou o proceso de independencia por un defecto de forma, pois a escisión non fora comunicada ao Goberno Civil.

Scroll ao inicio