MANIFESTACIÓN DOMINGO 26 DE NOVEMBRO ÁS 12:00 H. TEIS TIÑA DÚAS PISCINAS, AGORA NON TEMOS NINGUNHA
A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha manifestación este vindeiro domingo 26 de novembro ás 12:00 horas, con saída da rúa Coutadas, diante da piscina municipal. A manifestación percorrera a rúa Santander, rúa Sanjurjo Badía, avenida de Galiza, avenida da Mariña para finalizar diante do pavillón da ETEA. Xa presentamos dous escritos en agosto […]