A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar que a veciñanza residente na Travesía de Chane, levan máis de 15 días sen abastecemento de auga e afecta a 7 vivendas.
Segundo a empresa Aqualia, negase a reparar esta Travesía, con roturas na tubaxe de abastecemento que é de fibra de cemento, argumentando que debe ser a veciñanza ao tratarse dunha rúa privada.
Está Travesía é unha vía pública, que forma parte do rueiro municipal e conta con todos os servizos: alumeado público, saneamento e abastecemento de auga e incluso hai dous vados en dúas vivendas.
Unha vez máis, queda claro o mal estado da rede de abastecemento de auga, pois aínda hai rúas con tubaxes de fibra cemento. Esta Asociación denuncia desde hai anos está situación e reivindicando a mellora da rede.
A veciñanza paga o seu recibo tódolos meses desde hai anos e a empresa Aqualia, busca escusas para non reparar unha rotura ou substituír a tubaxe dunha rúa, pero non ten problema en pagar humanizacións de rúas.
A situación da veciñanza da Travesía de Chané, é un escándalo e non se pode tolerar, por máis días. Desde a Asociación esiximos ao Concello de Vigo, que esixa a concesionaria Aqualia, que de xeito inmediato realice as obras necesarias para garantir o abastecemento de auga e a substitución da tubaxe de fibra de cemento en toda está Travesía.
Tamén é necesario un control do goberno municipal sobre está concesionaria, que non pensa en prestar un bo servizo e só no beneficio económico, chegando a deixar a veciñanza sen servizo se é necesario. Cando a veciñanza non é responsábel desta situación, debido ao mal estado da rede de abastecemento.