O pasado ano durante os meses de abril e maio, realizáronse varias catas arqueolóxicas no parque da Guía, previas a realización das obras da nova iluminación da avenida de Dona Fermina. Estás catas confirmaron por primeira vez, a existencia dun importante castro no parque da Guía.
A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse no mes de xuño de 2024 a Concellaría de Patrimonio, solicitando unha xuntanza para tratar sobre a necesidade de realizar unha escavación arqueolóxica no parque da Guía, pero non recibimos ningunha resposta.
Para a Asociación Veciñal de Teis, logo de case un ano de realizar as catas arqueolóxicas, consideramos fundamental que o Concello de Vigo, realice unha gran escavación para dar a coñecer o castro da Guía e musealizar este espazo, para desfrute da veciñanza de Teis e de Vigo.
Estase perdendo unha nova oportunidade, pois estes restos poden ser un novo atractivo e axudaría a por en valor o parque da Guía na actualidade, moi deteriorado e descoidado.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, levamos anos denunciando o abandono do parque da Guía ( o paseo que rodea a capela pechado desde hai máis de dous anos debido ao seu deterioro, non hai aseos, nin cafetería, nin parque infantil, o autobús exclúe o parque da Guía desde hai anos do seu itinerario,…)
O parque da Guía, un dos grandes parques de Vigo, nun estado de abandono e deixades por parte do goberno municipal, necesita a realización dun plan para recuperar este gran espazo verde de Teis.
