A piscina municipal de Teis leva pechada 3 anos, logo do incendio ocorrido o 28 de maio de 2022. Hai que engadir que Abel Caballero, Alcalde de Vigo, anunciaba o 21 de agosto de 2023, o inicio de reconstrución desta piscina, a día de hoxe aínda non comezaron estás obras, para desfrutar novamente desta instalación deportiva.
O peche desta piscina municipal, está a provoca graves prexuízos a veciñanza de Teis, que ten que desprazarse a outras instalacións deportivas municipais doutros barrios da cidade e o para os centros educativos do barrio, que utilizan estás instalacións para actividades extraescolares.
É totalmente incompresíbel, inxustificábel, que logo de 3 anos, aínda estamos a falar de cando se iniciaran as obras. Se as obras comezaran hoxe, non estarán rematadas antes de 2027,polo que estariamos 5 anos, cunha instalación municipal tan necesaria como é a piscina municipal pechada, pola ineficacia e incapacidade do goberno municipal de Abel Caballero.
Teis, contaba con dúas piscinas, a da ETEA e a municipal na rúa das Coutadas, agora non temos ningunha. Non o abandono do barrio de Teis.