A OFICINA DOS SERVIZOS SOCIAIS DE TEIS, LEVA 2 MESES PECHANDO  MEDIA SEMANA, POR FALTA DE PERSOAL.

A Asociación Veciñal de Teis,  denuncia que a oficina dos servizos sociais de Teis, esta pechada media semana  (xoves e venres) desde hai 2 meses, ao carecer de persoal ( administrativo e bedel).

Está falta de persoal administrativo provoca ademais que o resto da semana, a dúas asistentas sociais, teñan que encargarse a maiores das súas funcións de atender a recepción, para abrir e pechar a porta da oficina, ao ter que permanecer pechada por seguridade.

Está situación provoca  unha mingua dos servizos sociais en Teis, que afecta a veciñanza que acude diariamente aos mesmos para tramitar todo tipo de axudas sociais ( risga, axudas de emerxencia, pensións non contributivas,…)

A Asociación dirixiuse por escrito no mes de novembro a concellaría de servizos sociais, denunciando está situación, sen recibir ningún tipo de resposta ou solución até o de agora. Tamén   outros colectivos sociais (Os Ninguéns, ODS Coia,) e partidos políticos teñen denunciado está situación.

É inadmisíbel que esta oficina leve dous meses sen persoal suficiente e  que a concellaría de  servizos sociais non fixera nada. As medidas non pasan por derivar a veciñanza ao Concello ou cargar de máis traballo as asistentas sociais.

A este goberno municipal, só lle preocupa a organización de festas, eventos e  nada  lle preocupan como funcionan os servizos municipais, deixando baixo mínimo unha oficina dos servizos sociais.         

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos que é unha prioridade uns bos servizos sociais e esiximos da Concelleira de servizos sociais e do Alcalde. unha solución inmediata, que pasa por dotar a esta oficina de todo o persoal administrativo necesario.  

Scroll ao inicio