A Asociación Veciñal de Teis solicita melloras no pavillón da ETEA


A.V. DE TEIS, SOLICITA MELLORAS NO PAVILLÓN DA ETEA, INAUGURADO FAI OITO MESES.

 A Asociación segue reivindicando a apertura de todo o complexo deportivo da ETEA.

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito fai máis dun mes a Concellaría de Deportes, para solicitar melloras no pavillón da ETEA, inaugurado neste ano, logo de dez anos reivindicando apertura de todas as instalacións deportivas da ETEA, sen recibir  até o de agora ningunha resposta.

 

·         O ximnasio do pavillón non dispón de material, o pouco que hai é propiedade dos clubes que utilizan o pavillón.

 

·         A única bancada do pavillón, carece de aceso desde o interior, pois a entrada foi eliminada e só pode accederse desde o exterior.

 

·         Nos baixos do pavillón hai varias pistas de squads, que non están a disposición da veciñanza, pois non están acondicionadas.

 

É escandaloso que logo de anos reivindicando a apertura das instalacións deportivas e  a maiores  invertendo  850.000 euros, ábrese o pavillón e hai deficiencias.

 

A Asociación Veciñal de Teis, vai ser seguir reivindicando diante do goberno municipal a apertura de todo o complexo deportivo da ETEA a veciñanza, quer dicir campo de fútbol e piscina. Non podemos prescindir en Teis e en Vigo, dun complexo deportivo que funcionaba cando estaba os militares e nun entorno  único como son os terreos da ETEA.

 

O goberno municipal, segue sen actuar para que todas as instalacións deportivas  do complexo deportivo da ETEA se abran, incumprindo promesas e  utilizando escusas e enganos, poren promoven complexos deportivos noutros barrios da cidade tamén necesarios.

Vigo 19 de  decembro de 2013

 

Scroll ao inicio