A  ASOCIACIÓN, ORGANIZA VARIOS ACTOS CON MOTIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

A Asociación Veciñal de Teis, con motivo do día das Letras Galegas, dedicado este ano a escritora Begoña Caamaño, organiza varios actos os días 8 ,15 e 22 de maio, ás 19:30 horas no local da Asociación.

8 DE MAIO ÁS 19:30 H, CHARLA: O GALEGO LINGUA VITAL.

O primeiro acto será mañan venres 8 de maio ás 19:30 horas, unha  charla baixo o titulo O Galego Lingua Vital. Alternativas para reverter a emerxencia lingüística,  a charla será a cargo de Marcos maceira, presidente da Mesa pola normalización Linguística e portavoz da plataforma Queremos Galego.     

15 E 22 DE MAIO ÁS 19:30 HORAS.

O venres  15 de maio ás 19:30 horas, teremos un segundo acto cunha charla sobre figura da escritora homenaxeada este ano Begoña Caamaño, a cargo do catedrático de lingua e literatura Manuel Forcadela.

Remataremos estes  actos con motivo dos días das letras galegas o 22 de maio ás 19:30 horas coa presentación do libro de “ En Memoria da Nosa Infancia, a cargo do autor Antolín Alcantara Álvarez.

Scroll ao inicio