A ASOCIACIÓN, ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A CÍES CON SAÍDA DESDE A ETEA

 

A Asociación Veciñal de Teis, organiza o domingo 19 de xullo, unha excursión para veciñanza de Teis, para ir as illas Cíes.

O barco partirá por cuarto ano desde o peirao da ETEAlogo do éxito dos anos anteriores. O barco ten unha capacidade de 245 prazas.

Os interesados/as na excursión deben anotarse previamente no local da Asociación polas tardes de 17:00 horas a 20:00 horas. O prezo socios/as: 12 adultos e 6 euros (3 a 12 anos) , non socios/as 15 euros adultos.

A decisión de saír do peirao ETEA, evita que a veciñanza teña que ir coller ao barco a estación marítima de ría, permite usar un peirao en bo estado de conservación, amosa as potencialidades dos terreos da ETEA e gozar da viaxe desde Teis.

 

Scroll ao inicio