A ASOCIACIÓN, ESIXE O ALCALDE, QUE DEIXE DE MENTIR E SE POÑA A TRABALLAR NO PARQUE DA RIOUXA.

O pasado mércores 4 de agosto, a Asociación Veciñal de Teis, denunciaba a falta de mantemento do parque da Riouxa e a necesidade de melloralo ( xardineiro diariamente no parque , ampliar o parque infantil, finalizar o muro que rodea o parque, etc).

Onte o Alcalde, Abel Caballero, unha vez máis acusa a esta Asociación de “ mentireira” en relación a situación do parque da Riouxa. As fotos que se enviaron coa nota de prensa é un vídeo gravado no parque son claros da situación deste parque.

Abel Caballero, nas súas declaracións de onte ademais de mentir, contradise, pois afirma que están estudando a reordenación das arbores e a mellora do parque infantil. Reivindicacións desta Asociación e  que xa  presentamos nun escrito o pasado mes de maio e nas alegacións do orzamento de 2021.

Non é aceptábel que un dos grandes parques da cidade, este nun estado de deixades por parte do actual goberno municipal. Non é un caso único en Teis, pois tamén necesita melloras o parque da Guía, a praia da Punta, o paseo marítimo e o peirao da ETEA.

Coma sempre, en cada ocasión que a Asociación fai algunha denuncia, a resposta de Abel Caballero, é acudir sempre a mentira ou a descualificación. Desde a Asociación, imos a seguir denunciando os problemas e as carencias de Teis, gústelle ou non a Abel Caballero.

O único que minte e vostede e debe pórse a traballar e a mellorar o parque da Riouxa, sen máis, demora.

O Alcalde, non quer un movemento veciñal, reivindicativo e independente. Non nós calaran.

Scroll ao inicio