A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a Conselleira de Política Social, para solicitar información sobre a situación actual do proxecto da residencia para persoas maiores nos terreos da ETEA, en Teis, debido a paralización do proxecto.
A Asociación desde hai anos demandamos a construción dunha residencia pública nos terreos da ETEA, debido a demanda social existente na cidade de Vigo de prazas para residencias para maiores. Segundo diferentes fontes o 79% das residencias e o 60% dos centros de día son de titularidade privada.
Entre outubro e decembro de 2021, realizáronse nos terreos da ETEA os traballos de demolición dos edificios actualmente en desuso: o cuartel de mariñeiría Méndez Núñez e o cuartel de alumnos José Luis Díaz, para liberar estes terreos para construción deste residencia.
Despois de varios meses da finalización destes traballos de demolición e cos terreos xa liberados, aínda non comezaron as obras para construción desta residencia para persoas maiores.
A Asociación denuncia que por parte da Xunta anunciouse en marzo de 2017 a construción dunha residencia para maiores nos terreos da ETEA, despois de seis anos aínda non se colocou, nin a primeira pedra.