Desde hai días, comprobamos que hai risco de caída de pedra da fachada, do edificio do antigo centro de saúde de Teis, na rúa Enrique Lorenzo, 54 e que se pode producir un accidente.
O edificio atopase pechado desde hai 25 anos, logo da construción do actual centro de saúde de Teis.
Desde a A.V. de Teis, solicitamos por escrito ao Concello de Vigo, que de xeito urxente, se tomen medidas se procede a retirada ou asegurar estas pedras e a sinalización deste lugar, para evitar que se poida producir un accidente.
Este edificio queremos que se destine para construción dunha biblioteca para Teis, non unha sala de lectura como figura no proxecto de 2025.
Está dotación cultural prometida hai case 12 anos por Abel Caballero e anunciada as obras en máis de 20 ocasións ao longo destes anos.

