A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar publicamente a falta de mantemento “ Vía Verde” . A vexetación invade gran parte deste espazo debido a falta dun mantemento periódico, hai tramos que a “ Vía Verde “, parece unha matogueira.
Desde a Asociación Veciñal de Teis, dirixímonos por escrito a Concellaría de Parques e Xardíns, para denunciar está situación e esixir unha actuación
Temos que estar denunciando está situación cada certo tempo. É un escándalo, que estivera máis limpo este espazo cando pasaba o tren, que na actualidade.
MÁIS ARBORES, NA VÍA VERDE.
Ademais, segue existindo un problema, a necesidade da plantación de máis arbores. Estamos a falar dun percorrido de máis de 3 km, con moi pouco lugares con sombra. Abel Caballero, anunciaba en marzo de 2024 a plantación de 50 arbores na “ Vía Verde “, plantáronse algunhas arbores, só para quitarse unha foto.
A FALTA DE MANTEMENTO DOS ESPAZOS VERDES EN TEIS.
A falta de mantemento da “Vía Verde”, non é exclusivo deste espazo. Desde a Asociación Veciñal de Teis, denunciamos reiteradamente a falta de mantemento e as deficiencias dos parques de Teis, como é o caso do parque da Guía, parque da Riouxa ou dos terreos da ETEA. Isto non deberá producirse se houbera por parte do Concello, un seguimento e un mantemento destes espazos ao longo de todo o ano.