Nota de imprensa
- A asociación acusa a ADIF e o Concello de falta de interese e de non tomar ningunha medida.
Desde fai case tres anos a vía do ferrocarril que atravesa o noso barrio e que ía até a terminal de Urzaiz, esta en desuso. A veciñanza que linda con esta vía do ferrocarril, queixase do aumento da vexetación e da presenza de abundantes ratas. Isto é grave pois hai tramos con vivendas próximas, o que xa obrigou o pasado ano a limpeza da vía pola propia veciñanza.
A asociación como a veciñanza dirixímonos por escrito en varias ocasións a ADIF e en xaneiro unha representación da xunta directiva da asociación mantivemos unha xuntanza cun responsábel de ADIF en Vigo, para solicitar a limpeza da vía do ferrocarril.
A abundancia de vexetación é moi preocupante nalgúns tramos, como nos lugares da Chumba e da Ferreira.
A Asociación tamén dirixiuse ao Concello, para que esixa a ADIF a limpeza da vía, pero até o de agora non recibimos ningunha resposta.
Desde a asociación denunciamos a falta de interese de ADIF e do Concello de Vigo, e que non se toma por ambos organismo ningunha medida para limpar está vía en desuso e eliminar as molestias a veciñanza que padecen desde fai tempo.
Vigo, 23 de setembro de 2014.
Asdo. Anxo Iglesias Covelo
Secretario da Asociación Veciñal de Teis