En relación as declaracións de onte de Abel Caballero, que considera unha “ ocorrencia “ e unha “ mala decisión “ , proxectar unha residencia de maiores nos terreos da ETEA. Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos impresentabel, que se intente boicotear a construción desta residencia de maiores, cando non existe un mellor emprazamento en Teis.
A AVT, foi uns dos colectivos de Teis, que propuxo que nos terreos da ETEA, houbera unha residencia pública para maiores, pois é o mellor espazo que temos en Teis, polo entorno e o espazo único.
A Asociación, non é contaria a que construan máis residencias de maiores en Teis, pero priorizando este proxecto.
A AVT, tampouco comparte que os terreos da ETEA, teñan que destinarse en case en exclusividade para uso educativo e investigador. Nestes momentos, están sen desenvolverse ningún dos tres ambitos do plan sectorial para o uso educativo ou investigador.
Esta Asociación desde a saída dos militares no ano 2002, esiximos que estes terreos deben recuperarse para o barrio de Teis, pois durante décadas non podiamos aceder aos mesmos, dividindo a unha parte de Teis e impedindo o aceso ao litoral de Ríos. Estamos falando dun espazo único na ría, que debe permitir dotar a Teis e a Vigo, de mellores dotacións, servizos e a recuperación do litoral.
Isto debe ser compatible co Campús do Mar, pero sempre compatibilizando con outros usos (sociais, culturais e dotacionais). A Asociación sempre apoiou o Campus do Mar, incluso cando Abel Caballero, estivo boicoteando o proxecto, poñendo en perigo que fora nos terreos da ETEA.
Debemos ter en conta que unha parte moi importante dos terreos da ETEA, xa figuran para uso educativo e investigador.
O plan sectorial da ETEA foi aprobado definitivamente no Consello da Xunta do 23 de febreiro de 2012, co obxectivo de converter os terreos da antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada nun centro de referencia e excelencia da investigación mariña internacional, desenvolvendo un espazo multidisciplinar, no que se unan os usos sociais, asistenciais, culturais, deportivos, entre outros, e os científicos.
O problema da residencia de maiores en Teis, non é un problema de terreos, a cuestión e a demora na execución do proxecto, que foi anunciado o 2 de marzo de 2017, polo daquela conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que visitou o edificio onde se construiría a residencia pública de maiores na ETEA e tres anos despois aínda non comezaron as obras.
Por último de Abel Caballero, Alcalde de Vigo, deberá de esixir a Xunta, que non haxa máis demora na construción da residencia de maiores, pero parece máis interesado en impedir desenvolvemento da ETEA e a construción de dotacións para Teis e para Vigo.