DÚAS ROTURAS DE TUBAXES EN TEIS EN MENOS DE 24 HORAS.
A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar que en menos de 24 horas, producíronse dúas roturas en tubaxes do barrio de Teis, onte na Subida a Ponte e hoxe na avenida de Galiza.
Estás roturas provocaron novas molestias a veciñanza destas rúas, co corte do subministro de auga desde ás 8:00 da mañá, que aínda padecen neste momentos a veciñanza da avenida de Galiza.
No caso da avenida de Galiza e a subida a Ponte, as roturas son continuas no pasan dúas semanas sen roturas, situación que padecen desde fai anos.
A Asociación levamos máis meses demandando a substitución das tubaxes de abastecemento de auga con continuas roturas, a resposta do Concello é moi lenta e insuficiente, pois aínda que no Plan de investimento de Aqualia para 2013, recolle por exemplo a actuación na avenida de Galiza, a día de hoxe está obra non se realizou e no proxecto aprobado recentemente pola xunta de goberno para a renovación de redes de abastecemento e saneamento na parroquia de Teis, fase 1, non se inclúe nin a actuación na avenida de Galiza, nin na Subida a Ponte.