A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración mañá sábado 14 de maio ás 12:00 horas, diante do mercado de Teis, contra violencia machista e para amosar a nosa repulsa ante o asasinato da nosa veciña, Clotilde Rodríguez, coñecida como Tilde.

Desde a Asociación, queremos solidarizarmos coa familia de Clotilde Rodríguez e amosar o noso total rexeitamento diante dun novo crime machista, que se produciu o pasado mércores en Tenerife.

A sociedade non pode permitir que se produzan máis violencia machista contra as mulleres, debemos eliminar calquera actitude machista e loitar  por unha sociedade igualitaria.

Por último, facemos un chamamento a veciñanza de Teis e de Vigo, a participar nesta concentración contra a violencia machista. O machismo mata.