Anxo Iglesias Covelo, en calidade de secretario da Asociación Veciñal de Teis, con enderezo na rúa Gerardo Campos Ramos, 2. CP: 36207.Teis.Vigo

Expón:

Que o pasado ano no mes de abril, finalizaron as obras de acondicionamento dunha parte das instalacións deportivas da ETEA, que se atopaban abandonadas desde a saída dos militares destes terreos no outono do ano 2002.

Logo da celebración das eleccións municipais no mes de maio de 2011 e diante da falta de información sobre o estado e o futuro destas instalacións, solicitamos unha xuntanza con vostede, que celebramos o 4 de agosto. Nesta xuntanza vostede sinalou que daquela as instalacións aínda non estaban recepcionadas polo Concello de Vigo e polo tanto non había data para apertura das mesmas.

Noutros encontros celebrados posteriormente con vostede de xeito informal, tampouco vostede concretou unha data para apertura destas instalacións.

Que a día de hoxe aínda as instalacións deportivas da ETEA, non estean abertas na súa totalidade ou en parte, confirma o denunciado por está asociación reiteradamente ao longo destes anos, que o investimento de 850.000 euros realizado nestas instalacións deportivas era insuficiente.

Polo tanto ao non coñecer cal e o estado real destas instalacións deportivas, logo das obras de acondicionamento, consideramos desde a A.V. de Teis, necesario poder realizar unha visita a estas instalacións.

Solicita:

Que polo exposto anteriormente se proceda a maior brevidade permitir a unha representación da xunta directiva da A.V. de Teis, realizar unha as instalacións deportivas da ETEA.