NOTA DE IMPRENSA

 

TRES ROTURAS DE TUBAXES EN TEIS,

 EN MENOS DUNHA SEMANA.

 

 

A  Asociación Veciñal de Teis, logo de que o pasado 26 de xuño presentaramos un dossier con 22  roturas das tubaxes  de Teis, nos últimos meses debido ao deterioro das mesmas.

 

As roturas continúan e menos dunha semana a asociación, contabilizou tres roturas dúas na avenida de Galiza e unha na rúa Julian Estevez. A última está mañá na avenida de Galiza a altura do nº 33, provocando  o corte do subministro de auga desde ás 6:45 horas da mañá en parte desta avenida.    

 

A asociación continuará coa campaña denuncia publica do mal estado da rede de abastecemento de augas no barrio de Teis e que inclúe a colocación de pancartas no barrio demanda a cambio das tubaxes, a falta de solucións por parte do goberno municipal a está problemática e o incumprimento do acordo plenario do pasado xaneiro de 2013.

 

É curioso que o actual goberno municipal que preside Abel Caballero, este esixindo responsabilidades a outras administracións que actúan na cidade, porén o seu goberno é incapaz de controlar unha concesionaria dun servizo municipal fundamental como o de ” Aqualia ” e tomar medidas diante dunha situación que xa é escandalosa.

 

Vigo, 5 de xullo de 2013.

 

 

 

Anxo Iglesias Covelo.

Secretario da A.V. de Teis