A Asociación Veciñal de Teis, dirixímonos por escrito o pasado 24 de abril, a Antonio Gómez Caamaño, o recente nomeado conselleiro de Sanidade, para trasladarlle a nosa preocupación e indignación pola falta de persoal no centro de saúde Teis e demandar solucións.

Desde de novembro de 2023 no centro de saúde polas tardes, hai entre 3 e 4 médicos, cando deberiamos contar con até 9 médicos.

O pasado mes de decembro, trasladámoslle este situación por carta o anterior Conselleiro de Sanidade, logo de 4 meses a situación do centro de saúde segue sen solucionarse.

O deterioro da atención primaria, supón que tardes un mes en facer unha análise de sangue.

Está falta de persoal provoca, que cando solicitas cita para o médico sexa para dentro de 15 días ou que as urxencias sexan derivadas o PAC. Ademais, de sobrecargar de traballo ao médicos que están polas tardes.

Agora sabemos que un veciño solicitou no centro de saúde, o pasado 26 de abril unha análise de sangue e que teña cita para o 30 de maio, un mes despois. Algo que antes non acontecía.

Está situación supón un deterioro da atención sanitaria, na parroquia de Teis, que non pode prolongarse no tempo, como acontece xa noutros centros de saúde do noso país.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, é unha prioridade ter unha sanidade pública de calidade e non imos aceptar recortes no persoal do centro de saúde de Teis.