Este pasado luns unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, presentou telematicamente no rexistro do Concello de Vigo, as 604 reclamacións-alegacións individuais, a aprobación inicial do orzamento xeral do Concello de Vigo 2024,recollidas nas últimas dúas semanas entre a veciñanza, durante o período de a información pública do orzamento que finaliza mañá 19 de decembro. 

Con esta campaña de recollida de reclamacións, queremos esixir que se aumente a partida destinada  a recuperación da piscina municipal, pois só figuran 450.000 euros e tampouco hai proxecto para recuperala, o que  impide que esta piscina pechada desde hai 18 meses, poda abrirse ao longo de 2024.

Ademais, esiximos que os orzamentos recollan tamén unha nova partida para recuperar a piscina da ETEA, que se cubriu en 2017, pero incluíndo  un sistema que no futuro permitiría poder recuperala e que agora podería atender as necesidades de Teis.  

A recuperación da piscina da ETEA, hai que incluílo dentro da idea de crear un complexo deportivo modelo “Mais que Auga” na ETEA. En Teis, tiñamos dúas piscinas e agora non temos ningunha.