Solicitouse unha xuntanza urxente coa concelleira de urbanismo.
AV. DE TEIS, DENUNCIA QUE O PECHE DUNHA FINCA, DIFICULTA O ACESO A VECIÑANZA.
A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar as obras do peche dunha finca duns 400 metros cadrados, sita entre os camiños de Padín e o Pugariño, está a provocar malestar e indignación entre a veciñanza que reside neste lugar.
O peche desta finca, ao non se realizar ningunha cesión de terreo, supón un agravio, cando outros veciños/as tiveron que facer algunha cesión, para mellorar o ancho das vías existentes, como por exemplo no camiño de Padín.
No caso do camiño do Pugariño, este peche vai impedir o paso de ambulancias, bombeiros ou camión do gas as vivendas próximas. Ademais hai unha veciña que ten cunha filla cunha minusvalía que necesita ter un aceso en condicións a súa vivenda.
Desde a asociación non entendemos como o Concello de Vigo, concedeu licenza para este peche sen valorar os acesos na zona e como afectaría este peche a veciñanza.
A Asociación solicitou fai uns días por escrito unha xuntanza coa concelleira de urbanismo, explicacións pola concesión desta licenza e a revisión da mesma, na procura dunha solución.
Vigo, 8 de marzo de 2016
Anxo Iglesias Covelo
Secretario da A.V. de Teis