SOLICITOUSE UNHA XUNTANZA CO ALCALDE, PARA TRATAR SOBRE OS PASOS ELEVADOS DA AP9.
A Asociación Veciñal de Teis, solicitou unha xuntanza con Abel Caballero,Alcalde Vigo, para tratar sobre a mellora dos pasos elevados sobre a autoestrada AP9 en Teis, especialmente nos camiños da Xorxa e da Trapa e coñecer as xestións realizadas polo Concello de Vigo, diante do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
Está Asociación, mantivo hai quince días unha conversa coa Demarcación de Estradas do Estado en Galiza, na que se nós indicou que debía ser o Concello de Vigo, como responsábel destes camiños, integrados no viario municipal, quen solicitará o reforzo da estrutura destes pasos elevados, para o Ministerio actuará.
O pasado 17 de novembro, presentamos un escrito solicitando ao Concello, que se dirixa ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, reclamando o reforzo desta estruturas e a mellora da seguridade destes pasos elevados.
A Asociación coincidindo co pleno municipal do mes de novembro, convoca unha nova concentración mañá 25 de novembro ás 10:00 horas, diante do Concello, para esixir a mellora dos pasos elevados na autoestrada AP-9 en Teis.