A Asociación Veciñal de Teis organiza este servizo que ofrece A Federación Veciñal Eduardo Chao, dentro do seu Plan Veciñal. A FAVEC envía unha persoa para sesorar e informar os veciños en temas sociais:

  • Recursos e prestacións (Seguridade Social, SEPE, axudas, etc)
  • Familia, Muller e Mocidade
  • Maiores e persoas con dependencia
  • Migración

Lugar: Asociación Veciñal de Teis.
Horario: xoves de 09:30 a 11:30
Información: 986 26 12 89 / 986 26 60 45