Rua Alonso Ojeda
Este mércores 15 de abril ás 20:00 horas, asemblea informativa
A.V. DE TEIS, DENUNCIA A FALTA DE INFORMACIÓN E AS QUEIXAS DA VECIÑANZA, SOBRE AS OBRAS NA RÚA ALONSO OJEDA.
A Asociación Veciñal de Teis, denuncia a falta de información a veciñanza sobre as obras de humanización da rúa Alonso Ojeda.
O pasado 26 de marzo realizamos unha asemblea informativa coa veciñanza desta rúa, diante da falta de información e as queixas da veciñanza sobre a realización das obras, acordamos solicitar unha xuntanza urxente cos responsábeis da Concellaría de Fomento e demandar unha copia do proxecto.
A veciñanza queixase de como o Concello está realizando a instalación da nova rede de saneamento, quer que os baixos e sotos dos edificios desta rúa fiquen conectados a rede de saneamento e que estas obras non supoña ningún custe a veciñanza.
Logo de realizar varias xestións coa concellaría e falar de xeito informal con David Regades, concelleiro de Fomento, sinalou que a veciñanza estaba informada e que as obras da nova rede de saneamento non suporía ningún custe.
O pasado venres realizamos unha nova asemblea onde informamos das xestións realizadas e a veciñanza acordou presenta no Concello este luns un escrito conxunto das comunidades de propietarios da rúa Alonso Ojeda, coas seguintes reivindicacións:
1. Solicitar novamente unha xuntanza urxente cos responsábeis da concellaría, para tratar sobre as obras de humanización.
2. A nova rede de saneamento desta rúa non pode supor ningún custe para a veciñanza.
3. Que a veciñanza non está disposta a realizar ningunha obra, nin agora, nin no futuro, nos edificios relacionado coa conexión a rede de saneamento.
4. Que as beirarrúas sexan en lousa de granito.
5. Que desde o Concello se nos responda as nosas peticións por escrito.
A Asociación xunto coa veciñanza acordamos realizar unha nova asemblea informativa este vindeiro mércores 15 de abril ás 20:00 horas, no local social da asociación, para valorar cal é a resposta do Concello a estas demandas e que medidas realizar nos vindeiros días.
Vigo 13 de abril de 2015.
Anxo Iglesias Covelo
Secretario da A.V. de Teis