A.V. DE TEIS, DENUNCIA  A RETIRADA POLO CONCELLO  DE PANCARTAS REIVINDICANDO MÁIS PARQUES INFANTIS.

 

A Asociación Veciñal de Teis, fai varios meses comezou unha campaña para  demandar do Concello de Vigo a construción dun novo parque infantil e a mellora dos existentes, ao non  cubrir  os actuais as necesidades das familias do barrio de Teis.

 

Desde a Asociación temos sinalado a existencia de terreos municipais abandonados na rúa Irmáns Misioneiros do Enfermos pobres, a altura do Centro Cívico, que se poderían destinarse para a construción dun novo parque infantil.

 

O pasado mércores 1 de abril, colocamos en varios puntos do barrio pancartas sobre esta reivindicación, cos lemas “ Máis parques infantís en Teis “ ou “ Menos barco na rotonda e máis parques infantís”, pero comprobamos o pasado sábado 4 de abril pola mañá, que estas pancartas foron retiradas.

 

Desde a Asociación Veciñal de Teis, queremos denunciar que unha vez máis o goberno municipal, tentar impedir que se poda exercer un dereito democrático como a liberdade de expresión, ao retirar as pancartas desta asociación. Cando se permite a colocación de todo tipo de pancartas anunciando calquera evento ou demanda.

 

Non é a primeira vez, que este goberno municipal retira cartelaría ou pancartas desta asociación no barrio sobre demandas do barrio, por exemplo no conflito pola xestión do centro cívico ou na demanda da mellora da rede de abastecemento de auga debido ao deterioro da rede e a continuas roturas das tubaxes no barrio.

 

Por último,  sinalar que a asociación continuará coa campaña de demanda ao goberno municipal da construción dun novo parque infantil e a mellora dos existentes.

 

Vigo, 6 de abril de 2015

 

 

Anxo Iglesias Covelo

Secretario da A.V. de Teis