NOTA DE IMPRENSA

O GOBERNO MUNICIPAL, ORDEN A A FCC RETIRAR PANCARTAS 
POLO CONFLITO DA ROTURAS DAS TUBAXES EN TEIS.


A Asociación Veciñal de Teis, dentro da campaña de denuncia do mal estado das tubaxes  de abastecemento de auga do barrio de Teis, na maña de onte colocamos catro pancartas en dous lugares do barrio, na avda Buenos Aires e ao final da rúa Sanjurjo Badía. ´
Nas pancartas figuraban os lemas” Pagamos o recibo, queremos o servizo” e ” Cambios das tubaxes, xa”, pero nesta maña poidemos comprobar que estas pancartas foron retiradas, cando aínda non pasaran nin 24 horas da súa colocación.
Desde a asociación realizamos varias xestións e poidemos confirmar que desde o Concello chamouse a concesionaria FCC, para que procederá a retirar inmediatamente estas pancartas, como así se fixo.
Esta medida supón un ataque a liberdade expresión por parte do Alcalde de Vigo, que amosa unha vez máis o seu caracter autoritario e reaccionario, que supón un ataque os dereitos democráticos sin precedentes por parte dun goberno municipal, no rexime democrático actual.  Ademais, da utilización  persoal dunha concesionaria municipal como FCC que pagamos todolos veciños e veciñas da cidade de Vigo.
O Alcalde de Vigo, en vez de preocuparse de dar solucións as necesidades veciñais, tenta impedir a liberdade de expresión e a participación veciñal.
Non é a primeira vez que este goberno utilice estes métodos reaccionarios, lembremos que durante o conflito polo mantemento da xestión do Centro Cívico de Teis, por parte desta asociación, en dúas ocasións en decembro de 2011, ordenou  a FCC retirar os carteis  en protesta pola actitude do Alcalde.
O Alcalde de Vigo, pode estar tranquilo que esta asociación vai continuar coa campaña de denuncia do mal estado das tubaxes do abastecemento de auga e exixir  o cumprimento do acordo plenario do mes de xanerio de 2013,
                                                                                                                                                  Vigo, 23 de marzo de 2013.
Asdo. Anxo Iglesias Covelo.
Secretario A.V. de Teis