A.V. DE TEIS, DENUNCIA QUE NON SE EXECUTOU A RENOVACIÓN DA REDE DA AVDA DE GALIZA, INCLUÍDA NAS OBRAS DO PLAN AQUALIA 2013.

A Asociación Veciñal de Teis, quere denunciar que o Concello de Vigo anunciou en xullo de 2013, un plan de investimentos do Concello e Aqualia para renovar a redes de abastecemento de augas, que incluía actuacións en Teis, logo de máis de dous anos, este plan non se executou na súa totalidade. A renovación da avenida de Galiza non se realizou cun orzamento de 70.346,79 euros, e cunhas obras que estaban previsto comezar en outubro e finalizar en decembro de 2013.

Na actualidade a avenida de Galiza e unhas das rúas de Teis, que segue con roturas continuas desde fai anos, dúas ao longo deste mes de decembro, en concreto o 8 e 23 de decembro.

No caso da última rotura, esta provocou a inundación dunha vivenda, na que reside unha persoa maior, provocando danos. Esta vivenda xa non é a primeira vez, que sofre danos polo deterioro da rede de abastecemento. Achegamos fotos da última rotura e dos danos na vivenda.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, parécenos un escándalo que non se executora esta obra logo de dous anos e de continuas roturas, que se incluía nun plan de obras. E queremos coñecer a onde se destinou este diñeiro.

Por último, desde a Asociación demandamos a renovación da avenida de Galiza (plan Aqualia 2013) e a elaboración doutro plan de renovación da rede de abastecemento en Teis, que inclúa as rúas: Subida a Ponte, rúa Gerardo Campos Ramos, rúa da Campa, rúa Purificación Saavedra,  Doutor Corbal, Subida a Ponte, travesías Doutor Corbal ( por Pedro Alvarado) , travesías da rúa Espiñeiro.

Vigo, 28 de decembro de 2015

Anxo Iglesias Covelo.

Secretario da A.V. de Teis