REMODELACIÓN DA RÚA BOÁN. Un novo éxito da veciñanza.
A Asociación, fara un seguimento do cumprimento do Plan de Aqualia 2013 e continuara esixindo a mellora no resto das rúas afectadas polas roturas.
A.V. DE TEIS, VALORA COMO UN NOVO ÉXITO DA VECIÑANZA A REMODELACIÓN DA RÚA BOAN.
A Asociación Veciñal de Teis, valora como un novo éxito da veciñanza de Teis, a remodelación da rúa Boan, que vai incluir a renovación das redes de abastecemento e saneamento, a construción dunha beirarrúa, nova iluminación e un novo pavimento.
Desde a Asociación queremos lembrar que está é unha das rúas, con continuas roturas das tubaxes de abastecemento e moi deteriorada que carecía dunha simple beirarrúa e de feito, fai xusto un ano o pasado 7 de novembro de 2012, produciuse un gran afundimento que tivera unha grande repercusión mediática.
O mal estado das redes nesta rúa e noutras fixo que está asociación, iniciara unha intensa campaña de denuncia e reclamación sobre o mal estado das redes de saneamento e abastecemento e de conservación de moitas rúas do barrio, ao longo do último ano.
Esta campaña conseguiu que no plan de investimento de Aqualia para este ano 2013, presentado o pasado 31 de xullo, que incluirá a remodelación da rúa Boan e tamén da avda da Mariña, avda de Galiza, rúa Oliveira de abaixo e camiño Cancelo.
A Asociación fara un seguimento do cumprimento do investimentodo plan de Aqualia para este ano 2013, que xa leva demora nos prazos de execución, segundo o anunciado pola Concellaría de Fomento e continuaremos a esixir que se incluan aquelas rúas como Purificación Saavedra, Gerardo Campos Ramos, Doutor Corbal, Subida a Ponte e rúa da Campa, que necesitan a mellora das tubaxes debido as continuas roturas, pois as roturas continúan en concreto a última a pasada semana na rúa da Campa.
No caso de Doutor Corbal, que xa é a terceira vez neste ano que se anuncia o seu asfaltado, demanda por está asociación desde fai varios anos. As obras na rúa Doutor Corbal deberá aproveitarse para susbtituir a rede de abastecemento e saneamento deteriorada e mellorar as beirarrúas no tramo inicial e final.
Vigo, 10 de novembro de 2013