Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo a pasada semana, unha xuntanza con Manuel Joaquin Reigosa, reitor da Universidade de Vigo.

Esta xuntanza produciuse pola solicitude previa desta Asociación, para tratar sobre a situación do traslado da Universidade a ETEA, e coñecer o estado da rehabilitación do edificio “Faraday”, pois lemos con moita preocupación as informacións publicadas o pasado mes de xuño, na que se anunciaba que a Universidade de Vigo, renuncia ao traslado a ETEA.

O reitor afirmou a representación da Asociación, que segue traballando no proxecto de rehabilitación do edificio “ Faraday “, pois conta con financiamento económico para este proxecto e que están pendente da adxudicación do mesmo e o desenvolvemento do plan sectorial PS-1, que depende da Xunta de Galiza.

Ademais, a Universidade está realizando xestións co Consorcio da Zona Franca de Vigo, para cesión do edificio “ Siemens” e coa Xunta de Galiza para cesión do edificio “ Morse “. Os tres atópanse na praza da ETEA e son edificios a conservar. Estes tres edificios serían ocupados pola facultade de Ciencias do Mar.

Polo tanto a Universidade de Vigo, segue con interese e traballando para trasladarse aos terreos da ETEA.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, valoramos con moito importante, que a Universidade non desbotara trasladarse para os terreos da ETEA e ocupar unha parte dos edificios da ETEA abandonados desde hai 19 anos.

Nós sempre defendemos, o traslado da Universidade a ETEA, sempre que for compatible con outros usos, como dotacións para o barrio (residencia de maiores,….

Desde a Asociación, solicitamos a Xunta de Galiza e ao Consorcio da Zona Franca de Vigo, que se realice a maior brevidade a cesión destes edificios.

Edificio Faraday ETEA