O PASEO DA CAPELA DA GUÍA, LEVA PECHADO DESDE HAI DOUS ANOS.
Asociación Veciñal de Teis, denuncia que leva dous anos pechado o paseo da capela da Guía. Esta decisión tomouna o Concello de Vigo, seica polo mal estado de conservación do mesmo, pero despois dous anos de tomar esta decisión, non houbo ningunha actuación.
Este paseo inaugurouse no ano 1969 e nestes anos careceu dun mínimo mantemento por parte dos diferentes gobernos municipais.
Na actualidade a veciñanza ou os visitantes, cando chegan ao entorno da capela do parque da Guía, atópanse con todo valado, coa beirarrúa cortada e teñen que usar a estrada para pasar.
Desde a Asociación, esiximos ao goberno municipal a elaboración dun proxecto urxente e prazos, para acondicionar este paseo.
Estamos a falar dun dos parques máis importantes da cidade e un referente turístico, non é aceptábel que se atope neste estado, valado desde hai máis de dous anos e se ningún dato que indique que isto vaise acondicionar en breve.
ASEOS, AUTOBÚS TURÍSTICO, RESTO ARQUEOLÓXICOS.
Un dos grandes parques da cidade carece dun simple aseo. Calquera visitante, con tería un simple aseo público en todo o parque.
Un ano máis, o parque da Guía, tamén queda esta excluído do itinerario do bus turístico. Desde a Asociación, dirixímonos en repetidas ocasións ao Concello, demandando que se inclúa o parque da Guía, pero non tivemos ningunha resposta.
As catas arqueolóxicas realizadas a comezo deste ano, deixaron a constancia por vez primeira de restos arqueolóxicos importantes no parque da Guía. Desde a Asociación , consideramos importante realizar unha escavación e a posibilidade de conserva estes restos para o desfrute da veciñanza e ser un atractivo máis do parque da Guía.
O pasado 10 de xuño solicitamos unha xuntanza coa Concellería de Patrimonio do Concello de Vigo, para tratar este asunto e aínda estamos agardando para que nós reciba.
POR EN VALOR O PARQUE DA GUÍA
Esta Asociación, xa non é a primeira vez que nós últimos anos denunciamos a deixades do goberno municipal en relación ao parque da Guía, arbores invasoras (eucaliptos, acacias) que impiden desfrutar dunha parte importante das vistas sobre a ría de Vigo, non hai unha cafetería, non se potencia, nin se amplía a carballeira, non hai un parque infantil, etc.
Desde a Asociación, consideramos que o estado do paseo, non incluír o autobús turístico, a falta dun aseo ou un parque infantil, deixa claro a falta de interese e deixades do goberno municipal, de potenciar e por en valor este gran parque.