.

O anuncio realizado onte pola Ministra de Transportes, Raquel Sánchez, en relación a peaxe da autoestrada AP9, no tramo Redondela-Vigo, non supón a desaparición das peaxe neste tramo, pois obriga aos turismos a ter OBE (tele peaxe) e realizar viaxes de ida e volta nun día para beneficiarse da bonificación.

No tramo da peaxe Redondela-Vigo, sempre falamos de supresión. O goberno central quer enganar a veciñanza, anuncian unha rebaixas, para logo dificultar e impedir que a veciñanza use ese tramo da autoestrada AP9.

A veciñanza de Teis e Chapela, queremos as mesmas condicións, que cando se suprimiron outros tramos da peaxe na AP9. O mantemento das cabinas, só se entende, para logo no futuro por novamente peaxe neste tramo.

As Asociacións Veciñais, facemos un chamamento a veciñanza a participar na concentración deste vindeiro xoves 29 de xullo ás 20:00 horas, na rotonda de Cabanas- Rande, para esixir a supresión REAL da peaxe o tramo Redondela- Vigo.

As demandas veciñais sobre a autoestrada AP9, non se limitan só a supresión da peaxe. Queremos lembrar a importancia é a necesidade de que a supresión desta peaxe, supoña tamén a conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín (Teis) ate o centro da cidade, con acesos, o que permitiría reducir o elevado tráfico que padece Teis e Chapela, especialmente nas rúas Sanjurjo Badía, na Travesía de Vigo en Teis e na avenida de Vigo e na avenida de Redondela en Chapela.

Non menos importante son as medidas contra contaminación acústica, coa instalación de pantallas, debido a elevado ruído que padece a veciñanza que vive no entorno da autoestrada AP9.

Logo levamos dous anos reivindicando a mellora dos pasos elevados da autoestrada en Teis, en concreto nos camiños da Xorxa e da Trapa, debido a súa falta de mantemento e impedir a incomunicación deste lugares de Teis, como pretende o Ministerio de Transportes.

Tamén está pendentes as obras de humanización na parroquia de Chapela, provocadas pola última ampliación da autoestrada AP9, as cales están aprobadas na adenda.