O alcalde de Vigo, ataca a asociación veciñal de Teis, para xustificar os seus incumprimentos na ETEA
A Asociación Veciñal de Teis, logo de que a pasada semana, Abel Caballero, Alcalde de Vigo, fixera declaracións en referencia a está asociación, en varios programas de televisión locais, como recollen onte dous xornais da cidade e non sendo a primeira vez destas declaracións utilizando medios de comunicación, está asociación quer manifestar o seguinte:
- O convenio anual entre o Concello de Vigo e a Asociación Veciñal
de Teis, para a xestión e actividades do Centro Cívico de Teis, ten un cuantía de 50.000 euros, que se destinan en exclusiva para as actividades deste Centro Cívico e os gastos deben ser xustificados diante do Concello só por este concepto. A Asociación por tanto non recibe un só euro deste convenio. - Este convenio entre o Concello e a asociación existe deste a
apertura do Centro Cívico de Teis e permite que a veciñanza de Teis, conte cunha ampla oferta de actividades durante todo o ano (cursos, charlas, teatro, festas, ludoteca, excursións, programa especifico para maiores e nenos/as, clube de lectura, etc.) - O Alcalde, Abel Caballero, mesmo utilizou a sinatura deste
convenio anual entre a Asociación e Concello para a xestión e realización de actividades no Centro Cívico de Teis, como elemento demagóxico no conflito polas obras da rúa Enrique Lorenzo, que agora utiliza novamente coas instalacións deportivas da ETEA. O diñeiro público non é do alcalde, que é do pobo, nin esta Asociación se compra ou se vende: a ninguén desde 1976. - Abel Caballero, pretende xustificar os seus incumprimentos e a súa
falta de capacidade de xestión na apertura das instalacións deportivas da ETEA, atacando a Asociación Veciñal de Teis, a través dunha continua cerimonia da confusión. - Abel Caballero, cando aínda era candidato a Alcadía de Vigo, xa
anunciará no mitin no pavillón da ETEA ” Cuando sea alcalde, en junio, este pabellón, esta piscina, este campo de fútbol se abrirán para todos vosotros, 15/04/2007. Desde aquela continuos anuncios e incumprimentos por parte de Abel Caballero. - A propósito, se o alcalde quer saber de onde pode recortar gastos
innecesarios no Concello, nós estamos dispostos a facelo e sen cobrar polo asesoramento. Canto custan ambos programas de televisión semanalmente que pagamos toda a veciñanza de Vigo ? - A Abel Caballero, non acepta o papel dos colectivos sociais nun
sistema democrático, nin tolera a mínima critica. Está asociación é independente e só se debe a veciñanza de Teis.
Vigo, 3 de setembro de 2012